Saltar ao contido

Jacobo Montes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jacobo Montes
Información persoal
Nome Jacobo Montes Couñago
Nacemento 1977
Lugar de nacemento Redondela
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Arcade
Adestrador
2009–2011 Arcade
2011–2015 Choco
2015–2016 Alondras
2018–2019 Coruxo
2019–2020 Celta de Vigo B
2020–2021 Guijuelo
2021–2023 Coruxo
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Jacobo Montes Couñago, nado en Redondela o 20 de abril de 1977, é un adestrador de fútbol galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol dende neno no Choco da súa vila natal, e xogou co primeiro equipo, chegando a coincidir co seu irmán Marcos.[1] Pechou a súa carreira como futbolista no Arcade, onde tivo como adestrador a seu irmán.[1]

Comezou a súa carreira como adestrador no Arcade, ao que dirixiu dous anos en Primeira Autonómica, antes de converterse no 2011 no adestrador do Choco en Preferente. Adestrou durante catro anos o club de Redondela, conseguindo o ascenso á Terceira División na tempada 2012/13, e levando o equipo a disputar a primeira fase de ascenso a Segunda B da súa historia na campaña 2014/15.[2] Deixou o equipo en xuño de 2015, sendo substituído polo seu irmán Marcos.[3]

Na tempada 2015/16 adestrou o Alondras, tamén en Terceira, mentres que na seguinte tempada os malos resultados fixeron que deixase o club en novembro.[4] Posteriormente traballou no Coruxo como segundo adestrador, collendo as rendas do equipo en maio de 2018, trala destitución de Rafa Sáez.[5] Conseguiu manter o equipo na Segunda B, superando na fase de permanencia ao Mérida.[6] Na seguinte tempada acadou o 10º posto.[7] Durante esta época comezou a traballar con el seu irmán Marcos, como segundo adestrador.

Na tempada 2019/20 dirixiu o Celta de Vigo B na Segunda B, pasando na seguinte ao Guijuelo, da mesma categoría. Foi destituído do club salmantino en febreiro de 2021,[8] e en decembro regresou ao Coruxo, na Segunda División RFEF, tralo cesamento de Gonza.[9]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Choco
  1. 1,0 1,1 Vázquez Fraga, Míriam (3 de setembro de 2014). "Destinados a reencontrarse". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  2. "Jacobo Montes abandona el Choco "en lo más alto de la ola" para buscar "nuevos retos"". Faro de Vigo (en castelán). 9 de xuño de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  3. Vázquez Fraga, Míriam (13 de xuño de 2015). "Marcos Montes: «Entendía que no era el momento, pero el club quería que fuera yo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  4. "Jacobo Montes presenta su dimisión en el Alondras". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de novembro de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  5. "El Coruxo inicia la era Jacobo Montes". Faro de Vigo (en castelán). 3 de maio de 2018. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  6. "El Mérida desciende a Tercera". Marca (en castelán). 26 de maio de 2018. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  7. "Jacobo Montes encabeza el nuevo proyecto del Celta B". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 2019. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  8. "El Guijuelo destituye a Jacobo Montes" (en castelán). 7 de febreiro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  9. "Jacobo Montes regresa al Coruxo". Faro de Vigo (en castelán). 3 de decembro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]